2014-05-18

Navegadas en Maio



Estamos a ter unha entrada da primaveira boa pra navegar, ainda que pra a semán dan malo. Ahí vamos... A foto pasando preto do faro da Faxilda é co foque ianqui feito na Escola de Vela. Semella un xenoa algo enroiado. Non é que pinte moi "lucido" pero con ventos moderados move ben ó barco...

2014-01-25

Aquí seguimos.... e con vela Maior nova ; )

 
 
...e tentando que o temporal económico que estamos a atravesar, por culpa dos poderes económicos que tenhen implantada unha dictadura financeira que afoga ós que menos tenhen, non mande a pique nosos sonos...Porque algunhas cousas mudaron, xa non vivo no barco pola semán e me limito a telo ben atendido namentres se suceden os temporais de inverno. A flota fica amarrada muitos días e nós reforzamos amarras e todo iso. Ainda así non quedamos "varados", aparte da neveira instalada o pasado verán, fixemos unha maior nova, máis grande e potente... Na foto non salen os sables verticais de Optimist que lle puxo Gándara (veleiro) pra mellorar seu rendimento en cenhida con ventos por riba de 15 nudos.

A estas alturas xa vai criando algas na obra viva que vai anunciando o mantenimento da temporada, algo que quedou especialmente ben o ano pasado co saneamento que fixemos desa zona... E ademais tenho unha boa axudante ;  )

Non hai plans concretos pra a nova temporada, a "rajada" do ano pasado caminho de Francia pesa no ánimo, por iso queremos mellorar muito a planificación esta temporada se decidimos dalo salto.

Seguimos en contacto e tratarei de subir más fotos, contando o que vaiamos facendo (de momento capear temporais de todo tipo, xa digo...)

Apertas



2013-05-29

De volta en Beluso sen novedade


E a toda vela, como di o encabezado do blog. Chegamos o pasado venres, día 24, despois dunha baixada que soe ser muito máis emocionante e veloz, pontas de 9-10 nudos e muita esixencia ó timón. : )

É tempo de valorar que non se fixo ben cando tinhamos todo a favor pra ter completado unha ambiciosa singladura como tinhamos planeado: Sobrevaloración das proprias posibilidades, falla de experiencia... Polo material non foi, dende logo, o barco ía como un tiro cara seu destino correndo como cabalo en campo aberto...

En fin, que vaia vindo o 40 de Maio que estamos a ter unha primaveira fría e humeda e vimos do Norte, que carallo!!

Tratarei de ter máis ou menos o día o blog pra contar por onde andamos pero penso que serán singladuras locais cos amigos da asociación Viraçón e os días de praia que non faltarán...

Ata pronto!!

2013-05-18

Incursión en alta mar no Cantábrico pero desta non foi...


 Moi boas: Todo prometía cando saimos de Viveiro o sábado pasado: barco ben armado, vento favorable, marexadilla a marexada no medio da noite.... Pero na manhan do sábado, a máis de 80 millas da costa, rumbo Norte, decidín que era mellor voltar... o barco caminhaba decididamente rumbo NE con unha media que nos permitiría alcanzar calquera ponto da costa francesa en pouco máis de 50 horas, peeeero... despois, como digo, dunha noite de navegación moi empenhada sentinme flaquear no amencer e a falta de experiencia neste mar aberto fíxome tomar a decisión de voltar, cando estabamos máis preto de Gijón ou Santander... Ese "flaqueo" tradúcese en MAREO e debilidade como poucas veces e se queredes algo de medo que como todos sabedes é ceibe...

Hai cousas que cambiar pra outra intentona, por exemplo sair dende Santander mellor, se non, sendo dous, faisenos dificultoso, alomenos mentres non esteamos mellor adestrados. Saúdos a todos tamén de parte de César que, penso, o está pasando ben e que segue mellorando como tripulante.

Por certo, escribo dende Ares. Seguiremos baixando a semán que ven parando en Muxía..

Saúdos

2013-05-09

Ola, Fende "on tour" ; )

Estamos en Viveiro a onde chegamos hoxe dende O Vicedo. A cousa foi como sigue: Saimos de Bueu o sábado, día 2, de manhán Cesar mais eu, primeira escala en Muxia onde seguen aquelos pantaláns pasto das gaivotas. Foi un traxecto un tanto monótono a motor por falla de vento. O luns saimos a vela de manhán ca idea de pasar Bares de noite pero Ortegal tinha uns refachos de vento moi fortes e por prudencia metímonos en Carinho. E onte fixemos esas 10 millas que fallaban ata O Vicedo. E agora nesta vila na que tan a gusto estamos pensando e repensando a ónde ir. A costa cantábrica peninsular xa está feita, e agora temos o plan de facer unha tirada larga pero non temos claro a dónde, sobre todo aproveitando que somos 2 e que César estase revelando como gran navegante, ademais de vello amigo...
Iremos actualizando o blog pra ilo contacto. Ahí vos deixo unhas fotos dos aguillóns de Ortegal, antes de chegar o refuxio de Carinho...
Continuara....

2013-04-22

Dende o refuxio invernal na Enseada de S. Simón ó varadoiro de Bueu...



Qué non cunda o pánico!! a foto de arriba é o que asoma do barco inglés "Sara" afundido preto de noso porto de inverno en S. Adrián de Cobres, abandoado por un problema de saúde que, como leín o outro día, quizáis non sexa o máis importante pero sen ela nada importa...
Ben, hai novedades de alcance: As outras dúas fotos case parecen repetidas ano tras ano ca varada e posta a flote, pero tenho que dizer que este ano quedou particularmente ben (modestia aparte..   ; ). O que quero engadir como novedade é que semella non iremos a Gibraltar como estaba previsto, non venhen ó caso os motivos, César e eu pensamos facer unha nova incursión ó Cantábrico que iremos contando puntualmente (pero cun reloxio non suizo, claro...)
Está case todo arranxado, faltan pequenos detalles (que son importantes cando se trata de armar ó barco) e a ITB que imos pasar un destes días.
Seguimos en contacto, se temos oportunidade e non hai atrancos co blog, cas fotos e todo iso.

Saúdos

2013-03-23

Empeza a primaveira con temporais...

E co problema de sempre cas fotos pro blog pero con bo ánimo en xeral pese ós tempos de crise que corren... O Fende voltou a Beluso despois duns meses no porto de S. Adrián na Ría de Vigo onde non estivemos mal pero claramente, e por muitas causas, preferimos Beluso como porto base.

Estamos preparando a varada deste ano que estase a retrasar polo mal tempo e polas datas vacacionais pasadas por auga que nos agardan... Facemos saidinhas curtas con César como novo tripulante, aproveitando as treguas deste inverno, comenzo da primaveira, que está a ser duro e longo. (mellor que faga malo agora e quede estable o tempo cara o verán). : ) 

Saúdos..