2013-05-09

Ola, Fende "on tour" ; )

Estamos en Viveiro a onde chegamos hoxe dende O Vicedo. A cousa foi como sigue: Saimos de Bueu o sábado, día 2, de manhán Cesar mais eu, primeira escala en Muxia onde seguen aquelos pantaláns pasto das gaivotas. Foi un traxecto un tanto monótono a motor por falla de vento. O luns saimos a vela de manhán ca idea de pasar Bares de noite pero Ortegal tinha uns refachos de vento moi fortes e por prudencia metímonos en Carinho. E onte fixemos esas 10 millas que fallaban ata O Vicedo. E agora nesta vila na que tan a gusto estamos pensando e repensando a ónde ir. A costa cantábrica peninsular xa está feita, e agora temos o plan de facer unha tirada larga pero non temos claro a dónde, sobre todo aproveitando que somos 2 e que César estase revelando como gran navegante, ademais de vello amigo...
Iremos actualizando o blog pra ilo contacto. Ahí vos deixo unhas fotos dos aguillóns de Ortegal, antes de chegar o refuxio de Carinho...
Continuara....

Nenhum comentário: