2013-04-22

Dende o refuxio invernal na Enseada de S. Simón ó varadoiro de Bueu...



Qué non cunda o pánico!! a foto de arriba é o que asoma do barco inglés "Sara" afundido preto de noso porto de inverno en S. Adrián de Cobres, abandoado por un problema de saúde que, como leín o outro día, quizáis non sexa o máis importante pero sen ela nada importa...
Ben, hai novedades de alcance: As outras dúas fotos case parecen repetidas ano tras ano ca varada e posta a flote, pero tenho que dizer que este ano quedou particularmente ben (modestia aparte..   ; ). O que quero engadir como novedade é que semella non iremos a Gibraltar como estaba previsto, non venhen ó caso os motivos, César e eu pensamos facer unha nova incursión ó Cantábrico que iremos contando puntualmente (pero cun reloxio non suizo, claro...)
Está case todo arranxado, faltan pequenos detalles (que son importantes cando se trata de armar ó barco) e a ITB que imos pasar un destes días.
Seguimos en contacto, se temos oportunidade e non hai atrancos co blog, cas fotos e todo iso.

Saúdos

Nenhum comentário: