2013-05-18

Incursión en alta mar no Cantábrico pero desta non foi...


 Moi boas: Todo prometía cando saimos de Viveiro o sábado pasado: barco ben armado, vento favorable, marexadilla a marexada no medio da noite.... Pero na manhan do sábado, a máis de 80 millas da costa, rumbo Norte, decidín que era mellor voltar... o barco caminhaba decididamente rumbo NE con unha media que nos permitiría alcanzar calquera ponto da costa francesa en pouco máis de 50 horas, peeeero... despois, como digo, dunha noite de navegación moi empenhada sentinme flaquear no amencer e a falta de experiencia neste mar aberto fíxome tomar a decisión de voltar, cando estabamos máis preto de Gijón ou Santander... Ese "flaqueo" tradúcese en MAREO e debilidade como poucas veces e se queredes algo de medo que como todos sabedes é ceibe...

Hai cousas que cambiar pra outra intentona, por exemplo sair dende Santander mellor, se non, sendo dous, faisenos dificultoso, alomenos mentres non esteamos mellor adestrados. Saúdos a todos tamén de parte de César que, penso, o está pasando ben e que segue mellorando como tripulante.

Por certo, escribo dende Ares. Seguiremos baixando a semán que ven parando en Muxía..

Saúdos

2 comentários:

Anônimo disse...

Dixo unha vez Jenofonte:
"Sólo aquellos que se arriesgan a ir demasiado lejos pueden descubrir cuan lejos se puede llegar".

Dille a César que ten que explicar,e como se solda o ferro con soplete.

Santiago disse...

Oh, recibido. Grazas ; )