2013-05-29
De volta en Beluso sen novedade
E a toda vela, como di o encabezado do blog. Chegamos o pasado venres, día 24, despois dunha baixada que soe ser muito máis emocionante e veloz, pontas de 9-10 nudos e muita esixencia ó timón. : )
É tempo de valorar que non se fixo ben cando tinhamos todo a favor pra ter completado unha ambiciosa singladura como tinhamos planeado: Sobrevaloración das proprias posibilidades, falla de experiencia... Polo material non foi, dende logo, o barco ía como un tiro cara seu destino correndo como cabalo en campo aberto...
En fin, que vaia vindo o 40 de Maio que estamos a ter unha primaveira fría e humeda e vimos do Norte, que carallo!!
Tratarei de ter máis ou menos o día o blog pra contar por onde andamos pero penso que serán singladuras locais cos amigos da asociación Viraçón e os días de praia que non faltarán...
Ata pronto!!
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário