2014-01-25

Aquí seguimos.... e con vela Maior nova ; )

 
 
...e tentando que o temporal económico que estamos a atravesar, por culpa dos poderes económicos que tenhen implantada unha dictadura financeira que afoga ós que menos tenhen, non mande a pique nosos sonos...Porque algunhas cousas mudaron, xa non vivo no barco pola semán e me limito a telo ben atendido namentres se suceden os temporais de inverno. A flota fica amarrada muitos días e nós reforzamos amarras e todo iso. Ainda así non quedamos "varados", aparte da neveira instalada o pasado verán, fixemos unha maior nova, máis grande e potente... Na foto non salen os sables verticais de Optimist que lle puxo Gándara (veleiro) pra mellorar seu rendimento en cenhida con ventos por riba de 15 nudos.

A estas alturas xa vai criando algas na obra viva que vai anunciando o mantenimento da temporada, algo que quedou especialmente ben o ano pasado co saneamento que fixemos desa zona... E ademais tenho unha boa axudante ;  )

Non hai plans concretos pra a nova temporada, a "rajada" do ano pasado caminho de Francia pesa no ánimo, por iso queremos mellorar muito a planificación esta temporada se decidimos dalo salto.

Seguimos en contacto e tratarei de subir más fotos, contando o que vaiamos facendo (de momento capear temporais de todo tipo, xa digo...)

Apertas



Nenhum comentário: