2011-08-01

Ola!! volta en Bueu sen novedade... (e recibido ben acompanhado...)





Case sempre á proa do Fende na baixada dende Corunha que foi en dúas etapas: Saín o luns, día 25 de Xullo (Día da Patria) dende Redes tras unha emotiva despedida a noite anterior. Pronto atopei o vento Norte que aumentou ata uns 20 nudos ó chegar a Sisargas, cesando ó achegarme a Fisterra pasando a media milla del sobre ás 22,30 cun neboeiro que non me permitiu ve-la luz do faro. Pasando Fisterra para o vento e o motor funcionou ata Muros a onde cheguei sobre as 3 da manhán. A novedade en Muros é que hai uns pantaláns recén estreados ós que lle din bo uso ata o pasado xoves 28. Ese día levantouse cunha brisa do Norte que aumentou cara as 11 da manhán e alá nos lanzamos rumbo Corrubedo, Sálvora e Ría de Pontevedra respetando toda a serie de perigosos baixos da zona e ben acompanhado por estes vellos amigos dos navegantes pero no tan amigo de chocos,pulpos, lubinas, caballas e todo aquelo que se mova no mar agás os barcos, claro. Os pescadores non comparten a imaxen evocadora que nos despertan os delfíns cas súas grazas e reviravoltas (ademais do cine, quén non lembra a "Flipper"??), saben que a súa presenza e mal sinal pra seu traballo estractivo, vamos que non os poden ver...


O caso é que cheguei a Beluso sobre as 5 da tarde tras 1000 millas pola costa norte peninsular entre ida e volta. Agora a analizar un pouco o aprendido e a asentar a información que xa vou tendo sobre a costa cantábrica peninsular e o conhecemento que xa imos tendo dela con portos "novos" pra nós como Lastres ou Luanco o que fai ese percorrido moito máis levadeiro.


Agora en Agosto praia , "bisnes" cos veraneantes, e navegacións cortas polas Rías Baixas. Xa o irei contando. Apertas de bemvida!!



2 comentários:

Unknown disse...

benvido, xa me deron o teu recado de que chegaras, de todos modos seguin a tua viaxe polo Blog. espero que nos veamos e podamos dar unha voltiña no Fendetestas.
Saudos

Anônimo disse...

Si, cando queras. A semán que ven tenho martes, mércores e xoves reservado para unha singladura por Ons e Cies, despois cando ti queras. Aperta!!