Que eu saiba é a primeira vez que ven un can abordo. "Tomi" é o can de Luis e fun levar unhas garrafas de auga e o "Tomi" insistiu en embarcar na balsa conmigo e veu ata o "Fende", mentras eu estibaba algunhas cousas él agardou pacentemente ata que voltamos a terra, está afeito á navegación e móvese abordo con axilidade.
O día anterior unha chegada do "Sauntress" con outro tradicional galego a Redes (eu estaba no fondeo).
E as fotos de arriba corresponden a un xemelo do Fendetestas, de nome Aquiana, que ten a súa base en Ares. Sei que hai outro en Corunha de nome Pipán, que participou con éxito en muitas regatas con patrocinios importantes, a diferencia é que a raia é en vermello, pero o Aquiane é un xemelo en todo, tamén con tres portillos laterais (o Pipán so ten dous por ser dos primeiros da serie). Según parece o Aquiana navega moi pouco e está algo descuidado xa que debe levar dous anos na auga sen ir o varadoiro. Como podedes ver ten molinete pra o halado da cadea co áncora.
...E aquí sigo, dacabalo entre Ares e Redes esperando que salten os nortes pra facer unha boa baixada pola Costa da Morte. Quizais dentro de tres ou catro días... Saúdos...
Nenhum comentário:
Postar um comentário