
A etapa dende O Vicedo foi ata Cedeira: o vento non saltou ata as dúas da tarde e preferín non facer noite navegando, metinme en Cedeira a onde cheguei sobre as 7 da tarde, o vento foi NE como marcou a predición pero era máis constante e limpo ó alonxarme unhas 10 millas da costa. O día seguinte, ontronte, saín de Cedeira co NE establecido en torno a 12 nudos: polo aire (6-7 nudos) ata Punta Coitelada ó Sul da Ría de Ferrol onde rolou a NW e desminuindo facendo unha entrada suave sen onda ningunha na Ria de Ares. Venho a Ares de compras unhas veces no barco, outras na bici pero estou nun fondeo en Redes contando ca hospitalidade de Martín e Luis que mo facilitan todo muito. Na foto podedes ver o seu barco, o Sauntress (barco de madeira do ano 1913) que navegaba polo interior da ría cando chegaba alá cara as 6 da tarde, saín de Cedeira sobre as 11. Agora penso quedar uns días aproveitando o bo tempo que se espera e despois a seguir voltando cara as nosas Rías Baixas... Apertas!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário