Para algúns destes amigos é a primeira navegación polas nosas rías e ainda que fallou o vento pasámolo moi ben ontronte, sábado, con máis praia de Melide e un bo xantar en Ons que millas navegadas. A semana anterior con Roger, Sonia e Txus tivemos unhas xornadas de bo vento dende o martes que aproveitamos pra sair de Beluso, rodear a illa de Ons polo Norte caindo despois ata Cangas, fixemos noite en Barra pra voltar a Ría de Pontevedra. Quedamos todos contentos e o que máis penso é en deixarlles un bo recordo das súas vacacións pra cando cheguen os duros meses de inverno.
E nestas cortas singladuras andamos, en permanente contacto ca comunidade da Illa que coma sempre ferve, sobre todo en finde. Xa podía durar máis o verán...
Nenhum comentário:
Postar um comentário