Somos todos do Pontevedra C.F. e, agás Manolo, ó que non lle gusta o fútbol,todos socios dende hai muitos anos, criámonos no mesmo barrio e con 5 anos íamos o mesmo colexio, na etapa do "baby-boom" de mediados dos 60.... Esta temporada o equipo volveu a 3ªDivisión, despois dunha nefasta e oscura xestión dos caziques ricachos de turno... Conto isto pra esplicar que sempre gustamos do mar, ven pola zona de Bueu ou de Sanxenxo, e xa daquela dábamos un certo valor (dun xeito algo infantil) a que fose a Ría de PONTEVEDRA e a illa era a protección natural exterior, un lugar donde o mar se abre xa cara ó W.. Por iso, hoxe, despois dalgúns anos, fomos ata a Illa pra celebrar cun bo xantar o noso rencontro. Tivemos todo o tempo vento de NW, sobre 15 nudos e o mar rizada. Xantamos nos fondeos de Checho (o restaurante da Illa) e despois do café fomos a dar a a volta a Illa. O vento aumentou ata ós 20 nudos con marexadilla e salseiro abordo a altura do Centulo; a velocidade era entorno ós 6 nudos, aumentando a 7- 8 ó W de Ons cando arumbamos ó Sul; pasamos entre as dúas Illas e a boa velocidade directos a Beluso, a foto é xa entrando no porto. Gozoso de verdade... xa temos máis amigos no blog i estos son dos de sempre.... Nono, Juancho, Jose, Manolo...Ahí seguimos!!
Pd. Segundo a predición a saida será en torno o mércores e ainda non cambiamos nin o aceite nin os filtros do motor, ainda segue pendente...
2 comentários:
Hola Santi:
Menudo huevos tienes. Tu es que eres capaz de meter a cualquiera en el Fendetestas.
Un par de días más como este y te lo echamos a pique.. a base de ostias contra la botavara.....jejejejeje.
Un día cojonudo, si señor. Buena mar y mejor compañía. Te mando por correo las pruebas en forma de fotos.
Saludos:
NONO
PD: HAI QUE ROELOOOOOOOO!!!!
A PUTA VARA se di, jeje!! é unha cuestión delicada o das botavaras e ten morto xente ou quedado gravemente mancados por un golpe deste elemento do aparello do barco, pero neste caso foches ti o que foches contra ela co mar co movemento do barco, se non deras con ela, terías ido pola borda, xa o temos falado: navegar é gozoso pero sempre atento e á "puta vara", máis... Foi unha xornada moi agradábel na vosa companha, pero agora o que tenho en mente é a saida deste mércores cara ó norte.Estamos en contacto. Unha aperta!!
Postar um comentário