2011-06-17
O Fende en ruta...
Ola, de novo voando sobre as ondas na procura de novos horizontes... Saimos Paulino, Xose e eu, como estaba previsto, de Beluso o mércores as 9, 30 da manhán sen vento (a motor) ata chegar a altura do Centolo de Ons, onde empezou a soplar e xa non nos deixaría ata pasar Sisargas; por Fisterra pasamos as 17 horas e de noche pechada xa, sobre as 12, doblamos Sisargas quedándose ese vento SW de en torno a 10 nudos de todo o día. Puxemos o motor que funcionou ata a amanecida que coincidiu sobre as 6 da manhán a altura de Ferrol a unhas 15 millas de terra, mantivemos pola noite o motor o 1800 voltas e unha velocidade en torno a 4 nudos. Despois, co novo día volve o SW mais frouxo que o día anterior que xa nos levou en un pouco cómodo rumbo de popa case pechada ata a Estaca de Bares a onde chegamos onte sobre as 18,30, unhas 33 horas. Recalamos en O Vicedo onde Xosé volta pra Pontevedra e Paulino o fará manhán, eu a reponher forzas e xa se vera.. porei fotos na próxima entrada, isto é un pequeno resumo. Todo perfecto ata o dagora...
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário