Levamos preto de dúas semáns de situación anticiclónica: está a ser unha primaveira especialmente seca e no campo andan preocupados. No noso entorno estamos a ter ventos moderados de NE, que son fortes da Ría de Arousa pra arriba... A saida está prevista despois do día 11 (día da marcha contra Celulosas) pero ainda que quixesemos sair agora, non o faríamos porque atacar Fisterra con 30 nudos de vento NE non entra nos meus plans.
Facemos saidas polas tardes aproveitando que non se forman muitas ondas. Aproveito pra ir aprovisionando e non deixalo pra última hora, por exemplo acopio de combustible de reserva, xa o irei contando...
Nenhum comentário:
Postar um comentário