2011-03-16

Vai rematando o inverno e... outras cousas...

Tivemos mal tempo como venho contando e saimos pouco estes días pero cara a fin de semán seica entra o anticiclón e se a cousa se presta farei unha escapadinha de venres a domingo. Todo o demais ben. Ca entrada da primaveira hai que ir alviscando o momento pra a varada deste ano que nom será antes da segunda metade de Maio pero hai que ir mirando o antifouling e esas cousas... Tamen ando mirando a posibilidade de instalar dous reloxos pra presión de aceite e temperatura, sobre todo pensando na mala esperiencia do ano pasado en Viveiro con problemas de refrixeración e todo aquilo que impediu que sigueramos mais pra o Leste...(pódese ver nos escritos da singladura do ano pasado). Non hai outro particular... se non fora porque gustaríame un día contar polo miudo algúnhas das cacicadas dos xestores do Clube Náutico de Beluso que queren facer dunha sociedade recreativa e marinheira pra todos os socios, un grupete de amiguetes e amiguísimos, onde como monitores de vela actúan o fillo e o sobrinho do presidente, pagados cos cartos da federación de vela, digo isto a modo de exemplo pero é flipante cómo queren irse facendo donos desa sociedade cunhas instalacións feitas con cartos públicos. Non quero entrar máis a fondo nesta cuestión porque aburreme moito e eu o que quero é navegar polo mar adiante, xusto o contrario destes caciquillos que nom saen da ria e fora das regatas de clube cando fan viaxes debe ser en coche porque agás esas breves (e mediocres) probas son barcos que están sempre amarrados, seu mar e o rollito social de influencias e toda esa merda.
Pódese ver que en todo o tempo nunca utilicei o blog pra outra cousa que non sexan as mini aventurillas no Fende pero os vexo seguido e son unha morea de papáns enterados que meten medo...
Pois mais nada, tinha gahas de contar isto e que se vaia sabendo porque é un comentario xeneralizado entre os que non tratamos co presidente e súa directiva.
Deixamos aquí apuntado o tema. Saúdos...

Nenhum comentário: