2011-04-07
O martes estivemos en Ons por primeira vez este ano
E non tenho fotos dunha gratificante xornada en companha de Loxi, Alex e Miguel, todo por un fallo meu ca cámara. O caso e que saimos de manhán con pouco vento cara a Illa, a máxima velocidade foi de 4 nudos e desminuindo o vento ata a calma total. Chegamos sobre as 14 horas e na de Checho, polvo con patacas a esgalla (magoa de fotos); despois de xantar, escursión ata o faro con boa temperatura e ben a gusto entre nós, gracias a Miguel pudemos apreciar certos paxaros que son especies protexidas e nas que eu nunca reparara. Voltamos sobre as 19,30 con pouco vento, a metade de caminho a vela, o resto a motor. No "Jon Kon" (cafeteria senheira en Bueu, xa nos anos 80 ca súa Discoteca) agardábannos Raquel ,nai e filla, que propiciaron esta viaxe e alí estivemos tomando algo ata que as obrigas do día seguinte fixeron que tiveramos que rematar de xeito distinto a cando hai vacacións. Pero penso que seguiremos en contacto... Tratarei de manter máis actualizacións no blog, que agora xa imos saindo pola semán, o que acontece é que son breves paseos que no contesto xeral, tampouco merecen un especial sinalamento, pero irei contando os proximos pasos ca varada e todo iso, como o ano pasado. Saúdos..
Assinar:
Postar comentários (Atom)
2 comentários:
De forma inesperada e casual xurdiu esta viaxe a ainda que non participei alegrome de que tiveras un bo recordo.
Quedei moi contenta de que todo saira ben e espero poder participar algun dia na andadura do fendetestas.
Ola, non che respostei no momento porque acabo de velo agora (xa ves qué clase de webmaster son). Claro que estaría bem que vinheras algún día e hasta algunha noite.. Polo dagora ando pendente da saida deste verán que será cara a mediados do mes que ven...) Creo que tes meu tfno senon xa me pasaré algún día e a ver se coincidimos. Bko
Postar um comentário