Ola!! No último momento decidín tirar cara o Sul e en pouco máis de tres horas estaba atracado en Davila Sport de Bouzas, onde me "soplaron" 25 e por unha noite sen auga nem luz, un roubo o que puxen remedio ó día seguinte, marchando ó Liceo onde por uns razonáveis 12 euros con auga e luz pasei unha boa xornada de compras: Grilóns, cabo de driza e un par de fundas pra as defensas. Como levei a bici movinme axinha e tiven tempo de sobra pra facer limpeza a bordo.
Paseando polos pantaláns, no Liceo atopei un Furia 28 dos anos oitenta con un grande parecido cos seus vecinhos Puma, é a xeración anterior da marca co seu logo, que mudou despois no desenho na xeración do Fende... E en Davila Sport había esta carabela da que nom puden recabar muitos datos por nom estar os seus donos e ca presa por soltar amarras desa marina a que espero nom ter que voltar...
Saín o martes e voltei o xoves. A volta fíxenna en algo menos de tres horas con vento frouxo (fora da ría moderado con marexadilla a altura de Cabo Home, típico do inverno).
Esta semán estamos a ter tempo frio con NE moderado a forte e vouna dedicar a dar aceite de teca nos asentos da banheira e na canha, algo que me gusta facer sobre todo polo resultado. "Seguiremos informando". Saúde!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário