Levamos preto dunha semán con vento Norte nas Rías Baixas e iso fixo que Manu mais eu nos decidiramos a aproveitalo pra facer unha baixadinha ata esta vila da costa portuguesa resgardada do Atlántico e a metade de caminho ata Oporto.
O percorrido foi de 45 millas (unhas 40 de mar aberto) que tivo un vento máis ou menos constante de uns 15 nudos, con puntas de 20 de NE, decaendo ó final. Fixemos rumbo SW dende Udra, pasando polo Norte de Cies pra seguir a unhas 8 millas da costa, tivemos que trasloitar un par de vezes, por erros meus e roles varios pero o rumbo seguiu sen novidade o 170º ata o sinal de entrada de Viana. Tinha quizá que ter elexido un xénova potente e levar a mallor algo recollida pero optei por levar a mayor aberta a tope e o foque de vento forte en proa, quizá tería collido máis velocidade do outro xeito tendo en conta que íamos dous. A velocidade foi sobre 6 nudos, baixando en bastantes ocasións a 5, pero con puntas de 8,5. Saimos sobre as 10 e media e chegamos algo antes das 7 (hora espanhola).
Manu tivo que voltar por estudos a Marín e eu quedo agardando unha boa predición pra voltar, ainda que ganhas nom me fallan de tirar ata Oporto. De momento, semella vai seguir este réximen de ventos nortes co cal haberá que esperar. O momento que vexa axeitado, comunicareime con Manu por se pode vir. Ademais será un gusto conhecer un pouco esta vila que semella estar volcada cara ó turismo de verán con pouca actividade agora, mais mírarese limpa e coidada. E cunha zona antiga algo decadente con poucas tendas pero que fala dun pasado distinto e senhorial. Xa irei contando cómo vai todo. Saúdos...
(O barco grande diante do noso é francés e chegou pouco despois ca nós. Era espectacular velo intentando manobrar ca correntada co río. Nos tivemos máis sorte e nom topamos muita corrente nese momento pero, ollo!!)
Nenhum comentário:
Postar um comentário