2011-01-29

En Viana, sen novedade...





Ola de novo!! Agora o Fendetestas "fica" dentro do porto "esportivo". Estou abarloado a un quetch de uns 20 mts e tenho auga el luz. O atraque sae económico pra o que andamos afeitos polo Norte. Según din, é dos máis baratos do Noroeste peninsular, ainda que unha empresa (a mesma que esplota, e ben a gusto, a Marina de Vilagarcia anda detrás da concesión) e ahí entraríamos no tema de sempre: unha obra, nom barata, feita polo Estado Portugués, aventuro que con cartos europeos, que vai acabar sendo esplotada no seu rendimento pra unha empresa privada, así fai negocios calquera...
Pero agora nom ando a maquinar neso, prefiro pensar como turista e navegante a espera de ventos propicios: Vedes unha garita de vixiancia dun vello castelo reforzado no 1700 e que daba solidez defensiva a esta importante praza, daquela Portugal acababa de independizarse definitivamente da corona de Castela; baixo a bandeira de cortesía vedes o meu abarloamento, ó fondo da foto podedese ver a pasarela pra persoas que ten que ser aberta pra que entren e saian os veleiros, porque as motoras pasan por embaixo, se quixera sair agora nom podería, curioso... Tamén ó fondo pódese ver a ponte Eiffel pra trens e coches e que atravesa o Río Lima no que, por certo, péscase a lamprea aproveitando a baixada do rio cas correntes esas das que falei na anterior entrada. Ben, que nom paro, un saúdo e por aquí quedamos agardando pola predición que agora fala do mércores como día axeitado pra a volta...

Nenhum comentário: