2011-02-08

De novo en Beluso



Xa cheguei o mércores pasado día 3, pero acontece o de sempre: ando liado e actualizo agora o blog. A volta foi da seguinte maneira: Saín sobre as 8,30 (hora espanhola) de Viana, clarexaba polo Leste e podía ver a cantidade de aparellos e boias que hai nada máis afrontar mar aberto fóra do refuxio da escollera. Coma sempre, ondas impresionantes no encontro do río co mar. O vento de Leste duns 8 nudos levoume sen contratempos a 4-5 nudos de velocidade cara o Norte. Mar adentro o vento era máis feble co cal subín pegado a costa (unhas 3 millas); sinalo unha vez máis o perigo dos aparellos portugueses, nom sempre ben sinalizados e con cabos moi longos, mellor de día e atentos este traxecto, isto ou ir unhas 10 millas pra fóra; tamén destaco os refachos de vento á altura da desembocadura do Minho cuns 25 nudos e as 11 da manhán frío de verdade... Chegando a Cabo Silleiro desapareceu o vento e dende alí a Beluso a motor a uns 5 nudos (2000 rpm), chegando a porto sobre as 19,00 horas. Boa experiencia e unha boa pedra de toque pra comprobar que todo vai perfectamente abordo. Saúdos..
PD. Tenho boas fotos da zona vella de Viana, xa as irei ponhendo xunto con nomes de barcos portugueses que chamaron nosa intención, xa as irei ponhendo...

Nenhum comentário: