2011-01-06

Aninovo en porto con toda a frota amarrada e alertas laranxas estes días

Nom hai muitas novedades marinheiras estes días e tampouco é cuestión de tratar moi a fondo outros temas que nos ocuparon estes días con todo o proprio destas datas, quedándonos ca parte familiar como a máis substanciosa dunhas xornadas que seguen a estar marcadas por un mal tempo cismón e unha chuvia de pinga-la tella e de escorrentías, estamos en inverno é así debe ser, suponho. E, o dito, no mar: Alerta Laranxa; en Fisterra a previsión pra as próximas horas é de ventos forza 9 a 10...
Pola manhán estiven dando silicona nos cables da base do pao porque tal foi o que choveu pola noite, que de manhán tinha unha goteira mínima pero, despois das chuvias da tarde, semella que volve a ficar impermeable. Saúdos e o mellor pra 2011!!

Nenhum comentário: