2010-12-26

Solsticio de inverno, Nadal e frío...


Despois dos temporais, frio neste mes de Nadal. Nom estamos saindo muito dende hai unha semán maís ou menos. Son días familiares que estou a pasar en Pontevedra na casa de meus pais e con Pablo que marcha o día 28. Seguiremos facendo saidas de mediodia tentando aproveitar o máximo a brevedade dos días que a partires dagora empezarán a medrar. Nom hai grandes plans de xeito inmediato xa que a nosa singladura "grande" segue prevista pra primeiros de Xunho e ainda falta, pero faremos boas navegacións mentres e sen perder de vista a varada deste ano que, penso, será alá por Maio...
Na foto, vedes o xenaquer que nos prestaron pra estrenar, de paso, a driza nova que puxemos e que faltaba dende hai un par de anos, houbo que subir ó pao pero nom levei a cámara... Seguemos en contacto...

Nenhum comentário: