Estamos saindo polas tardes, sempre que o tempo o permite, e xa temos como pra extraer conclusións sobre o novo xénoa: Nom ten defectos importantes de construcción; pinta ben, ainda que por riba de 10 nudos de vento real hai que traballar a fondo ca baluma, tendendo a curvar cara adentro o perfil de saida da vela, pero a partires deses ventos temos outros dous xenoas, un foque e un tormentín... A nova vela quere funcionar con pouco vento e dende logo fai andar ó barco, quizá tinha que ter sido ainda un pouco máis grande. Vounas pesar todas, só por curiosidade.
O que está claro é que temos que conseguir instalar o botalón e construir un gennaker; o barco o pide... Apertas
Nenhum comentário:
Postar um comentário