Dende o barco é difícil sacar unha imaxen completa da vela, pero pra ver cómo van, vale. A foto de arriba é do punho de escota, sen ollado, usamos un círculo de inox, como os que se usan nas contras dos tangóns e tamén nas artes de pesca (un ollado grande de inox que nom temos posto nunha velería cas treviras, mínimo 20 euros e o redondelinho de inox costoume 60 cts); a foto do medio son as dúas velas pintando como deben, e a dabaixo o xenoa novo só.... Como se ve, fallan as lás de trimado fino en ambas caras da vela e quedan por ponher reforzos nos pontos de fricción cas crucetas e obenques. Tamén hai que coser a man os retenedores de baluma e pujamen... Hoxe, nunha saidinha de un par de horas, cun vento con puntas de 10 nudos o barco moveuse alegre e potente notándose os 25 metros cadrados de pano. O "pero" é que a baluma vai ser moi sensible en rumbos pechados, tendo que xogar co escoteiro e ainda así vai ser moi sensible en este rumbo por riba do 12 nudos.. Tamén vou comentar co veleiro algún pequeno envolsamento na relinga e lle poremos remedio, de todolos xeitos, nom ten ningún erro importante. Pendente dos derradeiros detalles de rematado penso que vai funcionar ben, como tínhamos pensado, con ventos frouxos. Apertas!!
2010-11-15
Primeira proba de vento do novo xenoa

Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário