Entrou unha fronte esta noite que está a deixar refachos de vento por riba dos 40 nudos e moita chuvia. Así comenza a temporada na que as sucesivas borrascas do atlántico Norte baixan coa fuxida do Anticiclón das Azores cara ó Sur, permitindo a chegada de sucesivos frontes...É o comezo do Outono, a cortedade dos días e todos eses cambios que nesta fachada atlántica son tan evidentes, sumíndome un pouco na melancolía; na atmósfera menos color e máis gris que tamén ten un grande encanto visual, por certo.
O Fendetestas está en Beluso ben amarrado. O venres, pouco antes de entrar o frente, houbo un vento espectacular (20 nudos), salín a navegar con dous companheiros da escola de velería (onde ando metido un ano máis) e houbo momentos de puntas de 9 nudos de velocidade navegando de través con maior e foque, gozoso...
Ainda estou decidindo qué vela facer este ano e case estou decidido a facer un genoa grande e máis lixeiro. Ireino contando. Apertas...
Nenhum comentário:
Postar um comentário