2010-10-29

cose que te cose...


Estamos a coser a genoa lixeira q planeamos. Veu cortada de Barcelona e intentamos encanar con precisión os panhos (xa só quedan dous por coser) e agora imos cos punhos da parte baixa da vela. Por certo, que cometín un erro importante ó montar o de escota e tiven que desfacelo, vai ir cun remendo pero non creo que sexa importante, en estes detalles e en muitas eivas na técnica de cosido pódese dicir que ainda non me podo considerar un oficial veleiro, só un simple aprendiz que, cos bos consellos do mestre veleiro Fidel, intenta facer unha vela grande e de manipulación pra o cosido traballosa... Cando poda, traio o plano do choio.
Sigo dándolle voltas o da instalación do botalón e un gran regateiro (dos poucos que hai no Náutico de Beluso, hainos pero son "de todo a 100"), Iñaki, vaime conseguir un tubo de 50mm de diámetro, 2 mm de parede de aluminio e 2 mts de longo.. En esas andamos.
O Fende está en Beluso e, coma sempre, pola tarde, cando o tempo o permite, facemos saidinhas pola Ría. Saúdos!!

Nenhum comentário: