2010-09-16

De madeira e de "plástico"..



O bo tempo acompanhou a pasada semán (tamén) e moitos son os que aproveitan pra dar aire as velas. Nós estamos case tódolos días a elo, ainda q sexa pra cruza-la ría pra ir merendar a Portonovo. E tento estar pendente do que fan "Os Galos", asociación en defensa das embarcacións tradicionais da Galiza que contan na súa flota cunha manchea de dornas, aparte de unha trainha a vela e o xeiteiro da foto que vemos navegando co vento de popa. De seren barcos de traballo pasaron a día de hoxe a ser os verdadeiros Cabaleiros da Ría, son un legado do pasado que nom debe esmorecer.
En canto ó Fende, navegacións locais e desbotando aquela idea de facer unha incursión na costa portuguesa x motivos varios q nom venhen a conto, pero... o outro día estiven con Henrique de Vigo e segue ca idea de ir ó Sur de Inglaterra, saindo dende Xixón. Fala de conseguir unha balsa salvavidas e lanzarnos. Eu tamén estou animado porque sei que o barco está preparado pero son moitos os preparativos pra unha viaxe así. De tódolos xeitos estamos a falar de un ano vista (Xunho-Xullo 2011) e poden pasar muitas cousas, pero o plan e as ganhas están ahí. Tamén cabe a posibilidade que Mónica de Barcelona se incorpore a esta singladura..
Pero estamos ainda nos derradeiros días deste verán e compre aproveitar pra facer escapadas ás illas, onde xa se vai respirando o ambente de despedida de fin de verán entre a comunidade... Apertas!!

Nenhum comentário: