Está a ser un dos rumbos que máis seguimos con variedade de tripulacións cara a Ons e Cies que por ser os máis publicitados son os máis solicitados. Por suxerencia minha fixemos unha tarde en Aldán cuns amigos de Vigo e quedaron encantados, por certo que eu paseino moi ben tamén. Hoxe é o primeiro día que tenho un pouco libre pra poder argallar abordo e poder escribir ésto. O tempo está a ser perfecto con noites cálidas e pouco vento, o que as fai especialmente suxerentes como pra ver o ceo estrelado en boa companha e deixar boar o pensamento... Vaise cumplindo o que anunciaba o meteorólogo Santiago Pemán que xa no mes de Xaneiro deste ano ía anunciando que éste verán sería dos mellores dos últimos tempos, nos fixémonos eco desas verbas por aquel entón (v. "postagems máis antigas"). De tódolos xeitos dan algo de chuva pra a semán que comeza. E ando con tratos con Manu que quere ir a Corunha nunha escapada de finde, veremos...
Nenhum comentário:
Postar um comentário