2010-08-20

A Illa de Ons destino preferido estes días


A cambio dunha cantidade módica estou facendo algúnhas singladuras pola Ría, sendo o destino preferido a Illa, por cercanía e polo ben que se pasa tamén pola noite. Foi especialmente agradábel a xornada que pasei con Carmen e súa parella e os tres días que pasei con Sonia, María, Chus, Pablo (nom meu Pablo) e Rullé (a foto é voltando xa sen vento a motor). Todos estabamos cansos pero contentos e estanme a dicir de irnos unha semán, ben este ano ou o próximo. Eu tamén o pasei bomba, ainda que sempre un pouco pendente de todo, pero gústame así.
Manhán saio con unhas persoas que queren ir a Cíes pero témome que nom imos sair da Ría porque a predición anuncia falla de vento pola manhán con neboeiro e vento frío cara as 20 horas, aperitivo da chuvia que chega o luns. Veremos...

Nenhum comentário: