2010-08-13
Sol e bo tempo: Praia, Illa de Ons, e xantares en familia (mesmo vodas)...:
Levo tempo arranxando cousas pendentes e quédame pouco pra actualizar o blog, cousa que fago agora. E nom porque estea navegando pouco; estes días, con Pablo aquí, saimos a navegar no barco de meu pai en plan familiar, con abondosos xantares e o rencontro con meus irmáns a flote, como cando éramos cativos, ainda que agora os horizontes sexan distintos...Fixen un viaxinho a Ons o luns cunha parella moi agradábel que pagou por navegar a Illa nun veleiro (ainda que fomos a motor por falla de vento). Estes días hai un NE moderado a forte con refachos de 35 nudos e nom tenho pensado sair de Beluso ata que baixe un pouco, ademais pedíronme que organice unha singladura de un día a Cíes con dúas parellas a partires do día 21, e se ó meteo acompanha a faremos. Apertas!! (Mónica, bemvida a bordo...!!)
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário