2010-02-22

Volven os temporais.

Estes días asistimos ó paso de sucesivos frontes do Atlántico que venhen de causar notabeis estraghos en Madeira con máis de 50 mortos. Eiquí nom chegan con tanta forza pero estamos a ter refachos que superan os 130 Kms/h. A frota amarrada e as embarcacións que saen nom se afastan da protección de Udra pra faenar. Parece ser que no atlántico hai muito aire quente, se a isto lle sumamos a humidade que aumenta tamén pola maior temperatura das aguas, temos como resultado que as borrascas tenhen "combustible"dabondo pra seguer zorregando duro uns cantos días.
Por tanto, o "Fende" ben amarrado no Porto de Beluso e eu compaxinando o curso de Marinheiro-Pescador e Formación Básica (necesarios pra poder facer Patrón Costeiro Polivalente, título interesante de conquerir por muitos motivos, nom sendo o menor deles as posibilidades profesionais que ofrece) cunha vida nom todo o espartana que debería pensando, máis que nada, en alcanzar unha forma física acorde cas navegacións que espero facer esta tempada...
Apertas!! ;

Nenhum comentário: