Pois si, o día foi perfecto pra práctica da vela. Dende pola manhán, brisa do norte e a voar...O caso é que saimos de Beluso sobre as 3 da tarde e dimos un bordo longo, co vento de aleta ata altura das Osas, no Sul da ría de Aldán. Logo volta a un descuertelar, case en cenhida ate o Faro de Morrazán dentro da ría de Pontevedra e volta a Beluso, pasando pola praia de Lapamán. O vento foi entorno a 9-10 nudos e collimos uns 5 nudos en cenhida e 6-7 ó abri-lo rumbo. Entre fusco e lusco quedouse o vento, rolando a NW, e arestora calma case total, ainda que algo de frío co ceo estrelado. Estou con Logi tomando algo no "As de Guia" (aquí tenhenche internete pra os clientes). Apertas e ah!! co fío da polémica destes días polo tema linguístico, digo, decimos os que tripulamo-lo Fendetestas: QUEREMOS GALEGO!!!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário