Así nos saía o "Fende" da aghua onte pola tarde, dos traballos de limpeza de casco e saneamento da orza ainda nom tenho fotos pero xa as haberá. Nom estaba moi sucio pra levar case 18 meses no mar e axinha quedou limpo, sen necesidade de máquina de presión.
Hoxe ca radial e disco de ferro de 60 deixei espida a cara de babor da orza, co ferro ó aire. Manhán dareille ó outro lado e, se da tempo, mandareille unha primeira man de epoxe pra ferro pra que quede protexida, se nom colle ferruxe axinha... Seguimos en contacto, eh??
Nenhum comentário:
Postar um comentário