Decidimos zarpar o sábado, despois de pertrecha-lo barco pra unhas cantas horas de navegación. Saimos con vento N, forza 3, que nos permitiu axinha coller os 6 nudos a un rumbo entre o descuartelar e o través, situación que se prolongou ate a posta do sol, dunha beleza difícilmente descriptíbel, por certo. A 1 da manhán volveu o vento, máis frio, máis NW... Foi unha noite de pantocazos e salseiro, sen baixar nunca dos 5 nudos, nunca navegara a oscuras tan axinha; nestos casos hai que asumir o risco de chocar con algún obxecto semi mergullado entre aguas, porque asegúrovos que en noites anubadas coma ésta nom se mira absolutamente nada e o trimado das velas ten que ser case intuitivo, reacionando en función das sensacións do vento na cara... O certo é que chegamos a Xixón sobre as 13 horas, a motor por falla de vento as últimas 15 millas. Desta singladura noturna dimos conta a Salvamento Marítimo de Santander e Xixón que chamaron varias veces pra interesarse pola nosa marcha, é moi de agradecer e reconforta... Hoxe xantamos en asuriano e agora quedamos pendentes dunha predición que nom nos é verdadeiramente favorábel ate o mércores-xoves (agardamos un NE ou E), e haberá que pensar algo porque os case 20 euros ó día que pagamos aquí fainos pouca gracia... En fin, próxima escala: Ría do Barqueiro (Galiza), xa vos contaremos. Saúde!!
2009-07-05
Santander-Xixon: Por fin vento!! (en contra). Xantar asturiano pra reponhernos...

Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário