Ola, saimos o domingo, 28 de Viveiro cun vento prometedor de W, forza 3-4 que nos lanzou a 7-8 nudos as primeiras 80 millas. A tardinha, un pouco máis da metade do caminho ate Xixón, foise quedando ata desaparecer, eso si, o mar quedou revolto toda a noite, e o motor funcionou xa ininterrumpidamente ata Santander. Decidimos nom parar en Xixón porque nom había predición de vento pra o día seguinte e entrar alí e facer máis millas (e pagar, claro). Chegamos o Cabo Mayor de Santander so0bre a 1 da madrugada do martes. Metímonos de rondóns no porto deportivo de Santander e pasamo-la noite, cansos pero felices de que todo fora segundo o previsto, agás o vento... Onte dormimos (nos duchamos e lavamo-la roupa) na Marina de Santander, en Astillero, por 30 eurazos, esperiencia que trataremos de evitar no posíbel pra que o presuposto da espedición poda resistir.
De tódolos xeitos nom imos ir máis aló. Estanos a gustar muito esta cidade, volcada e aberta ó mar (un pouco espanholaza de mais, quizá), armonizando bastante ben desenrolo económico e medio ambiente. Ponho como exemplo o paseo onde estamos fondeados, diante do Club Náutico de Santander, que nom ten vallas nim apantallamento algún ó mar. Vamos, como Marín pero ó reves... Tenho por certo que ese tipo de barandillas de inox que se poden ver en sitios tan absolutamente "orterizados" como Portonovo ou Sanxenxo nom cumplen misión algunha máis que o pelotazo desa inxente cantidade de metal pra o amiguete do cacique de turno... Gustaríame que este respeto e o correcto tratamento dos espacios se poidera levar pra nosa terra (adaptadas, claro, ó noso xeito), pero alí os intereses económicos e o saqueo da nosa riqueza natural son case todo un, coa complicidade da meirande parte da clase política e o caciquismo que segue no mesmo ponto de hai 100 anos pero convenentemente adaptado e rciclado pra estos tempos. Abundarei máis nestas cuestións lacerantes pero agora toca o inmediato.
Qué imos facer?? pois o dito: da-la volta en canto poidamos. Os constantes retrasos na saída vannos pasar factura porque tamén queremos estar algo nas Rías Baixas nestes dous meses e a estas alturas hai que ir volvendo. O problema e o vento que sopla decididamente en contra. Temos que agardar que salte un E ou NE como están a facer varios barcos que sabemos van pra onda nós. A idea e nom facer isto do tirón a Viveiro, trataremos de facer escala en Xixón. Quédame grande magoa de nom poder visitar Euskal Herria, pero desta volta nom vai poder ser... Quédanos un apaixonante caminho de volta que, se todo vai bem, pode ser moi interesante de facer, collendo boas velocidades e facendo surfear o barco a gusto. Quedamos en espera pois, fondeados nunha cidade que nos acolle ben. Saudade e bos ventos!!
PD. Por certo, temos muitas máis fotos que xa iremos ponhendo..
PD. Por certo, temos muitas máis fotos que xa iremos ponhendo..
Nenhum comentário:
Postar um comentário