Euloxio ten unha importante gastroenterite, leva 48 horas sen probar bocado e esta manhán visitamos o centro de saúde de Viveiro onde lle marcaron un réximen e seguimento médico. Nim que dizer ten que causa baixa pra esta singladura que xa de seu é dura, para cando mais nestas condicións... Sintoo por muitos motivos, pero o máis importante é que vaise dabordo un gran amigo e excelente tripulante con muitas millas navegadas. O importante é que se reponha. Manhán collera un bus a Compostela e alí enlazará a Pontevedra; vai estar débil e agardo chegue bem xa que o mellor sería que estivera canto antes na casa en repouso total. Agora mesmo está abordo dormitando e tomando o tratamento. Pese a comer sempre o mesmo, eu estou bem (toco madeira...)
Cómo vai ser a partires dagora?? pois... manhán cando quede só terei que empezar a pensar en singular e iso no mar son palabras maiores.. Xurxo quere vir, mais voulle ter que dizer que, de momento, nom o faga, motivo?? a predición; manhan vai a haber unha pequena ventá con vento en contra que quizais me permita loitalo ata ganhar máis SW ata Cedeira ou como mal menor Carinho en Ortigueira; despois o meteo sinala 4 ou 5 dias de vento SW forte que nom vai permitir avanzar. Digo tamén, de pasada, que isto nom é moi normal nesta epoca do ano pero é o que toca e nom che hai outra... É por iso, se vou ter que estar fondeado esperando, que nom procede que venha ninguén. Cando estea en Corunha ou mais ó Sul pode ser o momento pra Xurxo e poder "ir esbarando"pouco a pouco cara nosa base nas Rías Baixas...
Tempo pois de preparar estratexias e de observar a evolución dos partes e a seguir fendendo ondas, mais todo un pouco atristurado co mal do pobre Loxi..
2 comentários:
Ke tal Fende.Xa stiven con Logi e me contou as aventuras.Eu stou n Pt.ata o 28,aver si xa nos vemos na ria. 1 saudo de Elsa
ola Susinho, Elsa. Disculpade que nom vos respondera antes. A meirande parte dos comentarios mos mandan os amigos ó meu mail. Gracias por seguir-la nosa aventura. Aperta forte pra os dous!!
Postar um comentário