Quen nom o miran con moito agarimo son as gaivotas que, segundo din, fuxen o ver este depredador da noite... Así fan un cantos, aquí en Carinho, pra que as carronheras por escelencia nom vaian ós barcos e deixen a cuberta feita un galinheiro...
Cheguei o domingo sobre as 4 da tarde, procedente de Viveiro, despois de deixar a Loxi que xa vai mellor, díxome onte pola noite. O obxectivo era chegar a Cedeira pero empezou a entrar un neboeiro con vento e chuva de frente que quitoulle gracia ó asunto, e máis indo só; por iso decidín entrar en Ortigueira. Collín o fondeo dun barco naseiro de Espasante, de nome Invencible, mais manhán mudarei de sitio, nom vaia ser que venha. Tiven un encontro con Henrique, patrón solitario do Vionta II, Puma 27 procedente de Vigo que conhecemos en Xixón. Desembarcamos xuntos pra vir a terra na balsa do Fende. Nom sabe se tirar pra Francia ou baixar cara Corunha (bo dilema, penso eu...). Pero ahí nom acaban as sorpresas: a mesma manhán dese día foi apresado un barco francés con 20 Kgs de coca (foto darriba)e ahí quedou nos pantaláns, seguro que por bastante tempo. Acabará servindo de agasallo pra Armada Espanhola pra que pasee a oficialidade e súas familias como tenho visto que fan na Escola Naval de Marín, usando barcos do centro castrense pra seu lecer, unha vergonza...
Agora toca, unha vez máis, esperar. O vento nom vai ser propicio ata o sábado ou o domingo e ainda nom tenho claro se decirlle a Xurxo que venha e, de vir, cándo...
Insisto en que hai muitas máis fotos pero funciono na rede gracias ós cyberes e nom son baratos como pra poderme deter un pouco a subilas e comentalas. Cara ó final desta singladura parareime un pouco máis cas fotos. Apertas!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário