2009-05-27
Suspendemos a saída...
Si, nom debía ser da boa a madeira que toquei onte... Xurden problemas inescusables pra un dos tripulantes e tomamos a decisión de fixar unha nova data pra os tres: O 15 de Xunho. Mais nom imos quedar cas amarras postas, nom. Imos navegar esta fin de semán a Cies e despois quizais pola Ría de Vigo, pero xa se verá. A magoa é que esta fin de semán o tempo vai acompanhar e ábrese unha ventá pra atravesar con bo vento a Costa da Morte. Confiemos en que dentro de pouco máis de quince días sexa tamén favorábel.. Saúdos e perdoade por crear espectación, só hai que aghardar un pouco máis...De todos modos porei máis fotos do que vaiamos vendo nestas costas. Apertas!!
Assinar:
Postar comentários (Atom)
3 comentários:
Unha pena. A ver si nos vemos esta seman. 1 saudo.
si, Suso, a verdade é que foi fodido tomar esa decisión, sobre todo con meteo "de boas", pero queremos ir os que dixemos no inverno de ir e se hai que agardar un pouco, agárdase. Ademais, así podemos ir a manifestación contra Celulosas do día 13... Nom hai mal que x ben...
Para que Ence saia fora das nosas vidas (máis ben das vosas, que eu xa non vivo ahí) e imprescindible que fagades todo o que estea nas vosas mans. Estiven con Pablo en Barcelona, estaba moi, moi, moi ben. E dinme conta dunha cousa que xa te contaréi en persoa, cando volva a Galicia en menos dunha semana. Unha aperta.
Postar um comentário