2009-06-01

finde en Cíes

Ola, si, aproveitando que o anticiclón está entre nós e vendo que ía haber pouco vento, decidimos tomar todo de relax e visitar Cíes, destino que nom cansa ...
O sábado tuvemos vento frouxo de SW que rolou ca suba da marea a NW, estábamos en Rodas as 4 da tarde, saimos de Bueu sobre as 13,30. Co vento da pleamar, dimos uns cantos bordos pola Ría de Vigo ata fondear (nadar e merendar) en Barra. Sobre as 8 voltamos a Rodas onde fondeamos ata o día seguinte. Desembarcamos despois de cear, mais nom había moita xente con ganhas de festa e nós estabamos algo cansos.
O domingo veu a illa unha escursion dunha asociación de mulleres do Concello de Cerdedo: A asociación Espadela que traballa activamente na dinamización do rural galego, con actividades na súa bisbarra, como a festa da Vincha, e fóra con escursións coma ésta. Unímonos o grupo da xente maís nova e pasamos o día xuntos ata as 5 e media, hora na que saía seu barco de pasaxe. A nota negativa púxena eu mesmo sacudindo as farangullas do mantel e ,xunto con elas, meus lentes que descansan xa, para sempre, no fondo do areal de Rodas. Pero, agas isto (que nom é pouco porque daquí vou á óptica), foi todo de "merebilla" e vimos cas pilas carregadas.
Ó motor metinlle unhas horinhas de funcionamento, sobre todo a volta (nom había vento), probando o inversor, réximen de revolucións, refrixeración, carga das baterías, alimentación do piloto (nom chegamos a utilizalo)...
Pero... a data sinalada en vermello no calendário é o 15 de Xunho pra nosa singladura que, ainda que nom da comenzado, nom nos deixa cos brazos caidos, se nom cas velas arriba e surcando ondas...










Nenhum comentário: