2009-05-26

Segue a conta atrás...

E nom semella que a vaiamos parar, sempre pendentes dalgún imprevisto en calqueira de nós (toquemos madeira), porque o barco está listo, tanto na velería como na mecánica. Fixemos unha proba co VHF, e verificamos o funcionamento das bombas de achique e grifos de fondo. Tamén imos facendo combustible ós poucos, de dez en dez litros e nunha gasolineira de coches. O gasoil dos surtidores dos portos, por eiquí, nom son muito de fiar, podendo escoller (xa chegará o momento no que sexa imposíbel elexir), mellor o gasoil dunha estación de servizo con movemento...
Polo demais, so unha redistribución dalgunhas ferramentas, líquidos e intendencia variada; tenhen seu gusto estes preparativos, nom creades.. Aghora empezaremos a ver que necesitamos de papeo, segundo gustos (un de nós é vexetariano).
Tamén tratamos de albiscar no meteo cómo vai a estar a cousa o sábado (ainda din pouco). Poderíamos ter NE ou N, se fose Forza 6 ou 7 abortaríamos a saida porque daríanos de cara e, nese caso, pagaría a pena aghardar uns días. Pero nom sexamos pesimistas, se podemos sair o faremos, ganhando millas ó N como sexa porque nos queiman as amarras do pantalán. Saudade!!

Nenhum comentário: