2009-05-20

Limpeza na obra viva...

Ola, hoxe dedicámonos a limpa-la linha de frotación do barco, que é onde máis cría. O timón e a orza limpiarémolos mergullándonos, coma sempre no vran. Nosa data de varada adoita ser no outono, ainda que este ano tentaremos retrasala...
Contando coa tranquilidade das aguas do Porto de Beluso, escorámolo facendo firme o amantillo ó finger do vecinho, xusto pra que o barco escore un pouco e darlle patente ata onde poidemos; permaneceu secando unhas 5 horas por cada banda, manhán e tarde. O resultado é máis que aceptable, por bastante tempo.
Sempre lle damos patente Hempel Mille Dinamic, autopulinte e branca pra que se vexa ben cómo está realmente.
Imos aforrar unha subida rápida no travel, xa que o outro día dimos posto o cinz de sacrificio no eixo, mergullándonos.
A nota discordante do día foi un destornillador grhande que caeume pola borda, ainda agardo que o poda recuperar nunha marea viva...
Isto vai indo. Ata outra...


2 comentários:

Unknown disse...

COMO "SEMPRE" SE FAI NO VERAN? 1 SAUDO. VOLTO O DOMINGO.

Santiago disse...

Ben,"sempre"... que aghua nom estubera moi fría...