2009-05-19

Algunhas respostas e máis fotos...

Estamos recibindo algúns correos preguntándonos máis detalles, o cal agradezo. Tentarei contestar, pra conhecemento xeral, neste blog.
O pao ten 11 mts con dous pisos de crucetas e ten babystay.
Si, Xosé, nom falamos de sonda ou profundímetro porque nom os temos.. No seu lugar levamos un escandallo de man que ademais nom chupa batería...
Si nos planteamos ponerlle un pedal na parte baixa do fregadeiro,por se falla a bomba de agua, pero agora nom da tempo e, a fin de contas, navegamos pola costa.
Temos unha neumática e un pequeno foraborda de chinchorro colgada por popa, da que falaremos outro día con fotos.
O ancla e tipo arado de 10 kgs, con 8 mts. de cadea de 8 mm e 20 mts de cabo; procuramos levalo no tambucho de popa e o menos posible no pozo de anclas pensando en axudar ó barco con mar de cara e porque baixamos pesos. Cando hai que votar man del é necesaria unha anticipación considerable ó fondeo...
Ben, en canto ás fotos dabaixo, podedes apreciar a colocación das baterias co seu cargador no camarote de popa, baixo a litera. Tamén podedes ver a bocina, (no seca, pero que case nom mete agua) que atravesa o casco,solidaria co puto inversor. Ten un decantador de aghua no gasoil que ten un pouquinho no fondo, nom creo que dea problemas, pero isto pasa por nom deixar o depósito de combustible cheo no inverno, ese aghua é da condensación. Tomamos nota.
Tamén se mira un anaco do depósito da aghua doce ca súa bomba de presión que están situados a estribor, baixo o banco dese lado (lembro, 100 lts). A babor, dentro do tambucho, o depósito de gasoil, de plástico (50 lts), sustituímolo hai 2 anos e puxémolo máis a popa. O orixinal era de inox de 60 lts e iba atornillado contra o mamparo do baño. Agora, o novo vai contra popa de todo enriba dunha plataforma de madeira; ganhouse espacio e despalzamos pesos máis a popa.
Saúdos...

Nenhum comentário: