2012-07-02
Singladura de verán ata Ares-Redes...
Moi boas, saimos a semán pasada Rafa de Meiro, Manu de Bueu e eu rumbo Norte, zarpamos sobre as 7 da manhán do mércores con pouco vento a pesares das previsións que neste caso non andiveron moi afinadas... Non atopamos vento ata altura de Corrubedo, pero só un par de horas, logo voltou a soar o motor ininterrumpidamente ata chegarmos a Muxía. Todo en medio dunha mesta neboa que so escomenzou a aclarar ó final. O mar en calma pero a marcha a motor provoca uns bamboleos incómodos e favorecedores do mareo, eu tamén tiven problemas...
O porto de Muxía fica recén construido, cunhas instalacións e accesos de primeira, explanada pra aparcadoiro e travel (se o chega a haber algún día), con pantaláns completamente novos, todo absolutamente abandoado, tomado polas gaivotas e por barcos ingleses, holandeses e franceses que ven unha boa maneira de estar unha semán tranquilos e "de gratis total"... non saben "na"... e ademais con luz de "glogló" nos postes, so estas condicións xa xustifican un cruceiro dende o Norte de Europa, sabedores do choio que lles supón ó chegar a un entorno privilixiado, polo carallo arriba o poderían facer nos seu países de orixen... ("Spain is different"...). Logo falan de derroche e de austeridade, quén promoveu estas instalacións sen un plan de explotación?? cómo e posible que toda esa inversión quede nese desleixe?? non hai resposta, o menos lóxica, salvo que a lóxica sexa que alguén ven de ganhar muitos cartos con esta obra e de paso dirá que levan investido tantos millóns de euros neste municipio, e se non que miren o porto deportivo novo que ahí queda... apodrecendo...
Todas estas cuestións que debatemos intensamente esa noite non agocharon o feito de saber que o día seguinte ía ser ben distinto. E así foi, saimos sobre as 9 da manhán rumbo NE, despois de doblar Cabo Vilán, a fin de achegarmos as Sisargas, cousa que fixemos sobre as 2 da tarde, o vento W ou SW foi aumentando e o mar tamén ata alcanzar forza 5, tal e como anunciaba a previsión, velocidades en torno a 7-8 nudos con rumbo 90º (Leste), ata chegar a Redes sobre as 6 e media da tarde.
Manu e Rafa marcharon cunha experiencia máis no lombo, todos quedamos contentos.
Este ano, como xa dixen, non vou máis pro Norte e, o venres ou sábado irei voltando cara a Muxía...
As fotos son do Fende, cómodamente fondeado en Redes; unha imaxe do sol loitando por abrila neboa; e a praia (o nome non o lembro agora) que está entre Redes e Ares. Seguimos en contacto. Apertas..
Assinar:
Postar comentários (Atom)
2 comentários:
A praia chamase Sabadelle, e eu son o que che abrin a porta do pantalán fai unha hora en Ares. Íbamos dous cun foraborda nun carro e ti voltavas de lebar o carrito a Froiz. Estás controlado, daste conta!
Saudos e boa navegación.
Moi boas, sinto non tervos contestado antes pero tiven compromisos ó chegar e cada vez que quero actualizar o blog é un poema polos problemas cas fotos, formatos e, en definitiva, o manexo informático. Pero sobre todo, sinto non ter falado alí en Ares onde efectivamente fixen unha boa compra traindo todo abordo no carrinho aquel, grazas polo mvoso interés e espero coincidamos algún día no mar outra vez. Apertas ;)
Postar um comentário