2012-07-25

Entrada na Ría de Ferrol por vez primeira...

Entrada á Ría de Ferrol

Castelo


Moi boas, conste que estou xa en Beluso dende hai unha semán, pero vaiamos por partes. Estas fotos son da aproximación e entrada na Ría de Ferrol, fun na companha de Manel de Redes e Txuvi de Fene e o motivo foi a botadura deste barco pra Armada Australiana. Foi interesante ver a corrente de subida ou baixada (que aproveitamos) e que ca axuda da corredeira calculamos en uns 5 nudos en mareas vivas. O día 13 emprendín a volta parando en Muxía con vento Norte e algo de chuvia, aproveitei pra descansar alí e saín o día seguinte con vento N frouxo que aumentou ó chegar a Tourinhán picándose o mar ata marexada. Nesas condicións e  a  7 nudos de media doblei Fisterra cara as 4 da tarde arrumbando a Monte Louro e Muros. Alí quedei unha noite e ca mala nova de que unha empresa colleu a explotación do clube náutico e non pensa aplicar "prezos populares" polas visitas, van dados, penso...O día seguinte saín cara a Ría de Arousa na que entrei polo paso do carreiro e a vela, claro. Fixen noite en Barranha, o carón de Boiro, sitio no que nunca entrara e no que me trataron con todas as atencións tanto o marinheiro responsábel como o resto dos usuarios no momento da atracada. Alí estiven dous días ata que decidín sair, aproveitando vento moderado de NW ata Beluso onde me atopo fondeado pensando xa nesas pequenas singladurillas de verán cos amigos, sen esquecer o "bisnes", claro... seguimos encontacto. Apertas!!

2 comentários:

Unknown disse...

Benvido a Bueu, e a Beluso de novo. Unha aperta

Anônimo disse...

ok Raquel, e grazas por esa benvida q espero podamos darnos esta semán, tiven algo de "bisnes"estes días €€. Chámote. Bko.
Santi