2012-02-06

Varada... en Xaneiro??






Moi boas, si, este ano é así. Fixémonos cun bidata raymarine de penúltima xeneración por un prezo razoábel e tivemos que voltar a facer os buracos pra os pasacascos co bo facer de Nando. Como é sabido, este aparato proporciona datos como profundidade, temperatura da auga, e velocidade (este dato tamén o proporciona o gps pero é unha grande axuda pra determinar a corrente). A parte electrónica vinha ben de fábrica e o choio foi facer os buracos e deixalos ben selados xa que esa é a zona da obra viva que máis sufre os pantocazos.
Deixo fotos do traballo, na que tamén pódese apreciar o grosor do casco; a patente branca que xa queda dada este ano, ainda que é un pouco pronto xa que o medre das algas e cara a Maio, pero agora xa está e non quedou mal.
Na actualidade sigo en Beluso. Non estamos saindo muito este mes nin o pasado. Estou a barnizar a mesa de cartas e "o paso" de entrada, bricolaxe que se di.
Non hai plans pra singladura longa este ano, non sempre é posíbel. E levamos 3 anos zumbando por ahí bastante. O que máis amola e ter que desbotar o de ir a Brest, outra vez será...
Pero si trataremos de ir ata Corunha, a Ares, alá por Xunho-Xullo. E algunha escapadinha antes.
Seguimos en contacto...

Nenhum comentário: