E ese reconhecemento marinheiro a esa páxina ven porque andiven indagando por si poidéramos apuntar ó Fende pra a concentración de clásicos de Brest do ano 2012, encontrando, como é lóxico, atrancos pra poder encadrar ó Fende nalgún grupo de barcos: O Fende echevos moi bonitinho pero non ten fasquía de clásico, de facto só están contemplados cruceiros dos 60 e 70 e noso barco é do 91... Algún dos asiduos da páxina facilitoume muito a localización do sitio porque navegar polo mar ainda navego algho pero pola rede afúndome entre enlaces, feeds e https... Si que comento de pasada que tamén hai uns cantos paiasos que van de marinheiros e que andaban a joder polo medio desta sinxela (pra quen se manexe ben en internet)pregunta no foro desta interesante páxina. Dame no focinho, pola maneira de expresarse e polo blog dun deles, que son de fachas pra dereita que, por certo, neste mundillo da naútica de lecer abondan...
Falamos en canto haxa algo interesante (como xa contei hai un mes cambiei os metacrilatos das escotillas do camarote de proa e o da cabina pero non saquei fotos). Apertas!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário