2011-06-29

preparando a volta...

Vai pra unha semán nesta bahía de Txingudi, protexida polo Cabo Higer, a cabalo entre os estados espanhol e francés, unha fronteira que non existe culturalmente xa que comparten a un e outro lado do río intereses e servicios comúns, por non falar da lingua (o euskera) que chega ata bastante adentro tamén do territorio francés como a parte norte do Pais chamado Euskal Herria...
Tenho problemas ca cámara, onte estiven facendo fotos no entorno do Cabo Higer, aproximándome ás primeiras estribacións de Jaizkibel, nun entorno de monte coidado e SEN UN EUCALIPTO, bo pra caminhar, ou facer roteiros en bici. Esta é unha comarca, non pra vir de pasada senon pra pasar unhas vacacións completas... A tarde, se a cámara mo permite, porei algunhas fotos.
En canto a singladura, manhán é o día que tenho previsto pra ir voltando a Santander. Despois dunha calor abafante os primeiros días, houbo unha galerna en toda a costa vasca que a min pilloume fondeado e ben protexido, onte choveu, hoxe caen unhas gotas pero manhán o vento rola a Nordés que é o que necesito... Bueno, vou facer unhas compras porque sairei de madrugada e a tarde, se podo, as fotos. Apertas!!

Nenhum comentário: