2011-06-25

En Hondarribia-Hendaya al fin...

Despois dunha parada de 24 horas en Santander, púxenme en caminho cara ó Leste sobre as 6 da manhán do xoves (ontronte). A viaxe ata Santander foi mitade a vela e a outra metade a motor e levoume 19 horas, sendo máis ou menos 100 millas. Agora tinha por diante unhas 90 pero esta vez si contaba con un vento de NW moi interesante que me impulsó de Cabo Ajo ata Cabo Matxitxaco en pouco maís de 10 horas, a velocidade en torno a 6 nudos. As 22,30 estaba xa a unhas 20 millas da bahia de Txingudi (onde están Hondarroa e Hendaya) e as últimas 15 millas foron a motor por falla de vento. Cheguei uns minutos antes da media noite, por tanto 8 días despois da saída dende Beluso.
É un lugar de gran beleza natural na raia mesmo que divide os estados espanhol e francés que se presta a todo tipo de actividades de lecer, con un uso intensivo da bicicleta por parte da xente que vive aquí con unha ordenación urbán admirábel (so direi que non vin onde remataba o percorrido do carril-bici. Ademais senderismo, montanhismo e náutica. Fai calor en todo o Cantábrico e tenho praza neste porto de Hondarroa ata manhán domingo. Despois, se o tempo non é moi malo usarei un fondeo que me presta un vello amigo (Imanol) dos tempos nos que andiven por estes lares. Subirei fotos, xa que mánhán vouno adicar a facer unha pequena escursión pola vila e seus arredores que me está a deixar unha moi boa impresión. Por certo, a minha chegada agasalláronme cunha botella de sidra deste país...

Nenhum comentário: