

Imos por partes: Estiven en Viveiro case ata fin de mes con varias saidas cara a Foz e a Ría do Barqueiro. Pero a bomba de auga salgada seguía sen funcionar como debía e optei por amanhala nun taller de Xove que me deixou o choio a medias porque tiven que acabar sustituindo o filtro de algas que tinha un poro e nom facía o vacío necesario. Total que a semán pasada baixei facendo noite en Cedeira abarloado a un pesqueiro. Na saida estreita que ten esta ría o motor vínhase abaixo de potencia e nom as tiven todas conmigo ata desplega-las velas, as condicións de mar e de vento me fixeron coller puntas de 15 nudos, un flipe... das baixadas máis espectaculares dende que tenho o Fende. De tódolos xeitos, o corte de rollo estaba nesa perda de potencia que traeume uns días de cabeza ata que hoxe en Sada deron co problema no filtro de saida do tanque de combustible que introducía aire nas tuberías. Pero xa está solucionado. Penso quedar por esta ría con Martin e Luis en Redes cos seus barco tradicional irlandés con bandeira inglesa, "Sauntres", ata que probe e reprobe que todo fica bem e tenha unhas boas condicións pra ir voltando. Sem presa...
Nom se cumple a intención de facer toda a costa cantábrica mais o mal tempo e o motor mantivéronme nos pantaláns de Viveiro. Pero aquí a navegación dentro desta Ría de Ares é unha gozada.
Ah, o trasatlántico de luxo da foto cruceino en Ortegal, mirade que ondas que o perdía de vista. Saúde!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário