2010-06-19

O tempo mellora pouco, mais motivos técnicos fan que sigamos aquí...

Si, foi algo que notei ó pouco de sair de Beluso pero que parece ser máis importante do que pensei. O certo é que tinha un pequeno goteo na bomba de agua salgada (a que refrixera ó motor) e chegaba a quecerse un pouco, votando algo de fume. Ó chegar a Viveiro llo comentei a un mecánico que me fixo ver que a refrixeración nom está a ser correcta e que compre arranxa-la pra que a outra bomba (a de agua doce, dentro do motor) traballe bem... Un lío técnico que nom esperaba e que escapa con moito dos meus conhecementos.
Resumindo, que tenho o motor inutilizado por uns cantos días, e iso suponhendo que realmente sexa o que di o técnico que semella ser un bo profesional pero a esperiencia doutras averias me di que estas cousas vanse complicando sobre a marcha e van aparecendo atrancos novos (reténs que nom saen, xuntas que nom xuntan, abrazaderas que xa nom abrazan, etc). Ademais tenho desmontado todo o camarote de popa pra que o motor quede bem accesíbel co cal estou a durmir no sofá do centro.
Un inesperado contratempo que vai votando por terra a idea de facer esta parte da singladura axinha, como o ano pasado, co cal seguramente terei que ila recortando, muito o meu pesar.
Polo demais todo bem, aparte das saudades que vou tendo da familia e que van medrando coa inactividade que tento suplir ca lectura e o deporte. Apertas!!
.

Nenhum comentário: