Estou sen cámara e nom tenho fotos desta pequena singladura de dous días a Vilanova na que nos instalaron unha nova radio VHF tal e como dixen no escrito anterior. Foi un exercicio en cenhida saindo de Beluso cuns 12 nudos de vento NW, ata ganhar N pra poder librar o Pombeiro e abri-lo rumbo entrando na Ría de Arousa aumentando a velocidade, con puntas de 8,5 nudos e uns 15 nudos de vento ó final ata ó destino. A volta foi con menos vento N, tendo que darlle o motor dende Cabicastro ate ó final, unhas 5 millas. En total, unhas 40 millas nas que a sensación de fiabilidade en tódolos elementos do barco segue a estar intacta. Fumos a bordo Loxi, Miguel, Alberto (estes dous últimos do Carballinho) e eu.
Ainda nom tenho fixada a data de saida, con varios compromisos familiares neste mes que comenza. Pero debería sair neste periodo, ainda que sexa a finales. Manhán tramitarei os papeis da radio e verei de mercar madeira pra facer unha canha nova pra o timón, ando ca de respeto. Irei contando todo e a ver se con imáxenes. Apertas..
Nenhum comentário:
Postar um comentário